A costa sur de Galicia será unha vez máis o escenario da 2ª Edición do Campionato de Surf de olas grandes theBigWaveDay. A empresa FactorUlises, organizadora do evento, busca promocionar unha das modalidades máis en auxe dun dos deportes extremos por excelencia e a costa de Galicia como unha das zonas máis privilexiadas para a práctica desta modalidade.

Trala boa acolleita e repercusión da pasada edición, entre os meses de xaneiro e marzo ábrese o prazo para que se poida realizar o campionato. Este tipo de modalidade deportiva, require dun prazo aberto de tempo para a súa celebración xa que se requiren unhas condicións do mar específicas e un tanto caprichosas.

LOCALIZACIÓN
As dúas localizaciones que a organización elixiu para poder realizar a proba este ano son, a zona de Cabo Silleiro onde se celebro a pasada edición do campionato, unha ola virxe que xamais se había surfeado e Santa María de Oia, con máis nome, é unha das olas máis espectaculares de Galicia e das que máis tamaño aguanta.