NOME: Guillermo Uribe
NICKNAME: Willy
IDADE:
ALTURA:
PESO:
SPONSORS: -
¿Que che parece o auxe do
surf de olas grandes que empeza a existir en España, coa celebración
dalgún campionato e coas revistas e as televisións en busca de imaxes
espectaculares de olas de máis de 4 metros?
Gústanme as olas grandes porque son unha das expresións máis belas da
forza da natureza. Remar unha ola grande, afrontar a baixada e sentir a
tremenda sensación de velocidade, respecto e pracer, cando o facía, ou
ver a outros facelo, son experiencias moi diferentes, pero ambas
gratificantes. É emoción pura, algo que comprenden moi ben os medios de
comunicación. De todos os xeitos, remar a ola a pelo ou collela
arrastrado por unha moto son deportes diferentes. O primeiro é surf, o
segundo tow-surf. E iso é algo que os medios de comunicación, excepto os
surferos, non diferencian. O ano pasado estiveches na 1º edición do
BigWaveDay que organizamos, cóntanos como viviches ese día. Foi unha boa
experiencia, un día de inverno con moita forza. Mar moi gordo, vento
forte, choiva. O Atlántico no seu máximo esplendor golpeando contra a
costa da ría de Vigo. A xente que entrou ese día tivo moito mérito.
¿Que opinas do spot elixido?
Foi unha solución case de urxencia. Percorreuse toda a costa entre Vigo
e Sta. María de Oya e foi difícil atopar unha ola un pouco resgardada.
En realidade non había ningunha. A ola na que se surfeó foi a menos
desfasada de todas, e a máis surfeable. Recordo que no extremo do cabo
Silleiro rompían uns oito metros, ou máis. Sorprendeume o potencial desa
zona en canto a olas grandes, porque non é unha costa de olas boas con
condicións ?normais?.
¿Que diferenzas atopas entre a costa galega e a vasca para surfear?
A costa galega é inmensa e con diferentes orientacións. Non é unha illa
pero a súa costa recibe mar de todos os cuadrantes; ventos, direccións
de mar e distintos tamaños. En Galicia sempre hai unha ola para surfear,
haxa a condición que haxa. Euskadi é diferente. Alí sota, cabalo e rei.
Se o mar vén moi do oeste pásase de longo, se vén do norte chega roto, a
dirección boa é noroeste. E en canto a ventos a cousa tamén é limitada,
se sopran do cuadrante sur é bo, se non, a calidade é mediocre. Talvez a
maior diferenza sexa que Mundaka está en Euskadi, pero tamén que en
Galicia aínda se poden atopar olas para surfearlas a soas. Sabes que
este ano, facemos un concurso á mellor foto do evento,
¿Que ten que ter un bo fotógrafo de surf?
Debe ter oficio e técnica e un equipo adecuado. Ademais diso bo ollo. E
chupar moita praia, claro.
Dixéronnos que che introduciches no mundo editorial como escritor
¿Que tal a experiencia?
Acabo de editar a novela Nanga, coa editorial Leqtor. Como escritor
descoñecido é importante ter un respaldo dese tipo para continuar
escribindo con máis gañas aínda. Leqtor é unha nova editorial, pero moi
sólida. Estou ilusionado e un pouco á expectativa, a ver como vai este
mundillo.