theBIGWAVEDAY 2007

NOME: J. Marcos Torrado Fernández (Galicia)

NICKNAME: -

IDADE: 43

ALTURA: 1,70 m.

PESO: 65 kg.

SPONSORS: Bombeiros de Santiago de Compostela e A Casita de Elena.


¿Canto tempo levas surfeando?

19 anos

¿E collendo BIG WAVES?

Case os mesmos pois xa desde un principio gustábame o subidón de adrenalina que che dá o baixar un olón.

¿Como mides as olas e a partir de canto consideras que unha ola é BIG WAVE?

Cando me poño a remala sen atreverme a mirar cara atrás.

¿Que sentes cando baixas unha BIG WAVE, non che asusta?

Se que asusta pero diso trátase.

¿Que prefires Paddling ou Town inn?

Nunca probei o Town inn (teño ganas) pero en principio paréceme que ten moito máis mérito coller olas grandes remando.

¿Que che parece esta oportunidade que nos brinda o Concello de Vigo e Dakine, que opinas sobre a súa continuidade?

Que xa era hora. Coas condicións adecuadas vai ser un espectáculo e que seguro animará a moitos surferos a meterse en olas grandes. Isto é bo xa que ás veces moitísimo mar atópasche só no auga. En canto á súa continuidade imaxino que dependerá do resultado económico final do campionato, non dos premios aos participantes se non do organizador.

¿Últimas olas que colliches e tamaño?

As últimas foron onte en Patos e foi un baño asqueroso (1/2 metro tocado de vento e guarro)

Observacións.

Que este campionato paréceme unha iniciativa cojonuda xa que este tipo de campionatos achégase ao que nun principio foron as orixes do surf. E que estades facendo un gran esforzo a favor deste deporte. Agora só esperar unhas boas condicións e a flipar todos. Un abrazo e unha saltada.