NOME: J. Marcos Torrado
Fernández (Galicia)
NICKNAME: -
IDADE: 43
ALTURA: 1,70 m.
PESO: 65 kg.
SPONSORS: Bombeiros de Santiago de Compostela e A Casita de Elena.
¿Canto tempo levas
surfeando?
19 anos
¿E collendo BIG WAVES?
Case os mesmos pois xa desde un principio gustábame o subidón de
adrenalina que che dá o baixar un olón.
¿Como mides as olas e a partir de canto consideras que unha ola é BIG
WAVE?
Cando me poño a remala sen atreverme a mirar cara atrás.
¿Que sentes cando baixas unha BIG WAVE, non che asusta?
Se que asusta pero diso trátase.
¿Que prefires Paddling ou Town inn?
Nunca probei o Town inn (teño ganas) pero en principio paréceme que ten
moito máis mérito coller olas grandes remando.
¿Que che parece esta oportunidade que nos brinda o Concello de Vigo e
Dakine, que opinas sobre a súa continuidade?
Que xa era hora. Coas condicións adecuadas vai ser un espectáculo e que
seguro animará a moitos surferos a meterse en olas grandes. Isto é bo xa
que ás veces moitísimo mar atópasche só no auga. En canto á súa
continuidade imaxino que dependerá do resultado económico final do
campionato, non dos premios aos participantes se non do organizador.
¿Últimas olas que colliches e tamaño?
As últimas foron onte en Patos e foi un baño asqueroso (1/2 metro tocado
de vento e guarro)
Observacións.
Que este campionato paréceme unha iniciativa cojonuda xa que este tipo
de campionatos achégase ao que nun principio foron as orixes do surf. E
que estades facendo un gran esforzo a favor deste deporte. Agora só
esperar unhas boas condicións e a flipar todos. Un abrazo e unha
saltada.