NOME: Daniel García
(Cantabria)
NICKNAME: Dani
IDADE: 32
ALTURA:
PESO: 73 kg.
SPONSORS: Billabong, Pukas, Reef, Island Style, Nitro snowboards
Sabemos que as olas en
Europa non son tan consistentes como por Ej.: Hawaii, ¿que se che pasa
pola cabeza?
Que hai que resignarse, que se lle vai a facer. Tampouco hai tan malas
olas por aquí.
¿Por que olas grandes?
Porque se o que buscas no surfing é adrenalina e sensacións fortes, non
ten nin punto de comparación o coller unha oliña que un olón.
¿Ata cantos metros queres chegar collendo olas remando?
Ata o que poida, non me poño límites, pero teño claro que non penso ser
un inconsciente e teño moito respecto ao mar. Necesito unha aclimatación
e varios días collendo gordo para ao final collelo moi gordo, o problema
é que os últimos invernos isto non ocorreu.